Programación Integrativa / Integrative Programming
Unha organización emprega un gran número de diversas tecnoloxías para a realización de diferentes tarefas. Estas tecnoloxías deben ser capaces de comunicarse e cooperar unhas con outras. Así, un compoñente clave para a disciplina das TI é a integración de aplicacións e sistemas. Esta asignatura explorará os diferentes tipos de linguaxes de programación e o seu uso apropiado, así como o uso de linguaxes de scripting, arquitecturas, interfaces de aplicación e prácticas de programación que facilitan a xestión, integración e seguridade dos sistemas que dan soporte a unha organización.
Educational and learning outcomes (RD 822/2021 degree programs) or competences (RD 1393/2007 degree programs)
- [A53] Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados.
- [B01] Capacidade de resolución de problemas
- [B03] Capacidade de análise e síntese
- [C06] Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
- [C07] Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
- [C08] Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Learning outcomes (RD 1393/2007 degree programs)
| Learning outcomes | Study programme competences / results |
|---|---|
| Coñecer os modelos e funcionamento dos programas compilados vs. programas interpretados. | A53, B1, B3 |
| Poder elixir entre unha linguaxe de aplicación vs. unha linguaxe de scripting para resolver un problema determinado, dando razóns lóxicas que avalen a elección. | A53, B1, B3, C6, C7, C8 |
| Identificar as linguaxes de scripting máis comúnmente usadas nas diferentes contornas: web, server-side, sistema operativo. | A53, B1, B3 |
| Coñecer e saber utilizar ferramentas para a obtención, manipulación, visualización e análise de grandes volumes de datos procedentes de diferentes fontes, posiblemente heteroxéneas. | A53, B1, B3, C6, C7, C8 |
| Escribir, depurar e probar un script que inclúa selección, repetición e paso de parámetros. | A53, B1, C7 |
| Escribir, depurar e probar unha páxina web que use scripting para validar os valores de entrada a un formulario. | A53, C7 |
| Escribir, depurar y probar una aplicación web interactiva que use server-side scripting para procesar las entradas desde una página web. | A53, C7 |
| Escribir, depurar e probar un script para facilitar a xestión dun sistema operativo. | A53, B1, B3, C6, C7 |
Contents
- Linguaxes de scripting
- Historia das linguaxes de programación
- Paradigmas de programación
- Linguaxes compilados vs. interpretados
- Linguaxes de aplicación vs. scripting
- Shell scripting
- Análise de datos con Python
- Introducción.
- Almacenaxe de datos e formato de ficheiros.
- Limpeza e transformación de datos.
- Visualización.
- Agregación.
- Series temporais.
- Creación de páxinas web en Python
- Alternativas existentes
- Creación de páxinas web con Django
- Uso avanzado de Django
- Integración con Python
- Integración de Python con outras linguaxes
- Conceptos básicos de APIs de terceiros: JSON e OAuth
- A arquitectura REST
- Linguaxes de scripting do lado do cliente
- Javascript
- Librarías que facilitan o uso de Javascript
- Uso de APIs de terceiros
- Conceptos básicos de APIs Rest
- Tecnoloxías de autorización: OAuth
- Tecnoloxías de virtualización
- Conceptos básicos de tecnoloxías de virtualización
- Docker