22/09b: Call for student!

Multi-agent system simulation in virtual environments

(gl) Simulación de sistemas multiaxente en contornas virtuais
(es) Simulación de sistemas multiagente en entornos virtuales

Student

  • Available for a Final year project: BSc or MSc in Computer Science
    (TFG Grao en Enxeñería Informática ou TFM Mestrado en Enxeñería Informática)

Supervision

José Antonio Iglesias Guitián (CITIC-UDC)
Emilio José Padrón González (UDC)

Tipo de traballo

Desenvolvemento en investigación

Descrición

Deseño e implementación dunha ferramenta para a simulación estocástica de modelos multiaxente en contornas virtuais. A ferramenta tería como principal aplicación a análise da propagación do virus COVID-19 en espazos pechados específicos: supermercado, cafetería, etc.

No TFG consistiría no desenvolvemento dun simulador multiaxente que permita xerar datos de mobilidade das persoas nesas contornas pechadas. A análise destes datos permitiría tomar decisións ao respecto de como organizar espazos, etc.

A programación deste simulador aseméllase á dun videoxogo: a evolución dos distintos axentes na contorna elixida mostrarase en pantalla en tempo real. Para a súa implementación barállanse varias alternativas, entre as que caben destacar dous motores de videoxogos, Unity [1] e Godot [2], e unha plataforma para a simulación de sistemas multiaxente, HASH [3]. Unha das primeiras fases do traballo (Fase 2) consistirá, precisamente, na valoración das mesmas para escoller a que se considere máis axeitada para o desenvolvemento deste proxecto, tendo en conta parámetros como a facilidade para futuras integracións, opcións multiplataforma, físicas deterministas, etc.

Como parte do proxecto, estudarase a viabilidade de poder realizar simulacións a grande escala, xa sen o requisito da temporización en tempo real.

[1] Unity, https://unity.com [2] Godot, https://godotengine.org https://github.com/godotengine/godot [3] HASH, https://hash.ai https://github.com/hashintel/hash

Obxectivos

  • Obter un simulador multiaxente que permita escoller entre varias contornas preconfiguradas, cunha interface que facilite a modificación dos parámetros da simulación.

  • O simulador facilitará información sobre a variación na carga viral dos axentes e no ambiente, ademais de mapas de calor cos puntos de máxima exposición.

  • Análise de viabilidade de múltiples simulacións en paralelo, a grande escala, incluíndo a posibilidade de traballar cunha temporización de «simulación», máis rápida que o «tempo real».

Fases do traballo

  1. Estudo dos modelos estatísticos a implementar
  2. Estudo da linguaxe/plataforma/bibliotecas a empregar para o desenvolvemento
  3. Deseño e implementación de distintos prototipos que avances cara o simulador final con renderizado en tempo real da simulación
  4. Análise de simulacións «a escala»

Metodoloxía

Seguirase unha metodoloxía de desenvolvemento áxil, con ‘sprints’ que dean lugar a prototipos que vaian incluíndo cada vez máis dos requisitos e funcionalidades esperados na aplicación final.

Materiais e/ou medios necesarios

Un ordenador persoal con conexión a internet debería ser abondo.

Teaching and Researching in Computer Science/Engineering

My research interests include High Performance Computing (HPC) and Computer Graphics.