23/09/2022 – Mención de Excelencia ao Máster en Computación de Altas Prestacións, coordinado polo profesor do GAC, Jorge González Domínguez.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia acaba de conceder a mención de Excelencia ao Máster Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións, coordinado polo membro do GAC Jorge González Domínguez. Este máster está impartido por membros do GAC en colaboración con outros docentes da USC e o CESGA. Para outorgar esta mención tívose en conta, entre outras cousas, a alta calidade da docencia, o prestíxio docente e investigador do profesorado, a alta empregabilidade ou a internacionalización.

LIGAZÓNS:
DOG | XUNTA | UDCCITIC | EL CORREO GALLEGO | LA VOZ DE GALICIA