Visita ao CPD da Xunta de Galicia

O día 14 de marzo, os alumnos da materia de Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas (EII), de cuarto curso do grao en Enxeñaría Informática, acompañados polos profesores Patricia González e Xoan C. Pardo, visitaron o CPD que a Xunta de Galicia ten no Gaiás, en Santiago de Compostela.

O CPD da Xunta, a cargo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), aloxa a información que a administración pública galega pon ao servizo do cidadán. O corazón dixital do Gaiás presta servizos das Consellerías de Industria e Economía, Traballo e Benestar, Cultura e Ordenación Universitaria, da Secretaría Xeral de Emigración, do SERGAS, e da Axencia de Turismo.

Responsables técnicos do CPD acompañaron a alumnos e profesores ao longo dunha visita que recorreu as estancias do mesmo, atravesando as salas de servidores, seguridade, comunicacións, refrixeración, montaxe de equipos e abastecemento eléctrico.