Visita ao CESGA

O día 25 de outubro, os alumnos da materia de Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas (EII), de cuarto curso do grao en Enxeñaría Informática, acompañados polos profesores Patricia González e Xoan C. Pardo, visitarán as instalación do CESGA.

O CESGA é un centro recoñecido como Infraestructura Científico-Técnica Singular e un dos centros tecnológicos máis importantes da nosa comunidade, que da servicio de cálculo de altas prestacións á comunidade científica galega e ao CSIC a nivel nacional. Alí os nosos alumnos terán a oportunidade de coñecer de primera man as operativas e infraestructuras necesarias (potencia, refrixeración, seguridade e logística) nun centro de datos a grande escala.