O coñecemento da arquitectura de computadores é un obxectivo fundamental na formación do alumnado do grado en Enxeñería Informática. Resulta polo tanto necesario espertar o interese do estudantando por este tema e facilitar a aprendizaxe no marco das materias relacionadas.

O espazo europeo de educación superior dá unha grande importancia á aprendizaxe autónoma do alumnado, o que precisa unha actualización dos recursos docentes, a miudo deseñados para un traballo supervisado por un docente.

Neste contexto, os obxectivos xerais cos que nace este Grupo de Innovación Educativa son:

  1. Elaborar materiais e deseñar estratexias encamiñadas a suscitar o interese do alumnado na arquitectura dos computadores.
  2. Elaborar materiais multimedia que faciliten a comprensión dos conceptos básicos.
  3. Elaborar actividades que permitan ao estudantado avaliar o grado de adquisición das competencias do título que cursan
  4. Deseñar e programar actividades que permitan ao estudantado entender a importancia da arquitectura de computadores no mundo da investigación e a empresa



Web
Analytics Made Easy - StatCounter


Contacto

Diego Andrade Canosa (coordinador)

Edificio Área Científica
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña