Robótica Móvil: / Grupo Arquitectura Computadores.

+ Robótica Móvil:

Un dos actuais desafíos en robótica é a integración de robots nos ambientes cotidianos. Para elo é preciso levar a cabo un sistema de desplegue rápido e sinxelo que permita aos robots sair dos centros de investigación e estar fora da continua supervisión de expertos en robótica. Os robots deberían poder ser instalados e postos en operación en curtos periodos de tempo.

Nesta liña, os nosos principais obxetivos son: evitar completamente predefinir o control dos robots e aprender este control a partir da interacción co entorno y da observación dos seres humanos; identificar e localizar persoas e robots en interiores; e interactuar coa xente de modo amizable e natural.

Outra importante cuestión aberta é permitir que os robots se movan autónomamente en entornos non estructurados, complexos e dinámicos. Para elo é preciso levar a cabo eficientes sistemas de percepción 3D, métodos de representación do entorno e fusión de datos sensoriais. Finalmente, os robots teñen que mapear e localizarse a si mesmos no seu entorno. Estamos desenrolando algoritmos para localizar o robot a partir de mapas coñecidos e para simultáneamente mapear e localizar o robot no entorno. Coma sensores principais estamos empregando cámaras de omnivisión, cámaras estéreo, sensores Kinect e láseres 3D.

 

 

 

 

 

<-- Voltar a Investigación