Novas / Grupo Arquitectura Computadores.

22 de Nadal de 2011

CONFERENCIA: 1018 OPERACIÓNS POR SEGUNDO. EXASCALE: RETOS E OPORTUNIDADES.

DAMIÁN ÁLVAREZ MALLÓN
(JÜLICH SUPERCOMPUTING CENTRE, GERMANY)

Lugar: Aula 3.3. Facultade de Informática (UDC)
Data: Xoves, 22 de decembro de 2011
Hora: 17:30
As arquitecturas de procesador cambiaron significativamente nos últimos anos. O aumento de frecuencia xa non é posible. No seu lugar aumenta o número de núcleos. A presión sobre o xerarquía de memoria aumenta por este feito. As redes de interconexión de altas prestacións empezan a escalar a menor ritmo. O maior supercomputador do mundo, o “K Computer” ten case 700 racks e require unha potencia de máis de 12MW. As dimensións e consumo enerxético dos supercomputadores actuáis xa non pode seguir medrando, e márcase a barreira psicolóxica de 20MW de potencia máxima. A tecnoloxía ten que dar un paso significativamente máis grande que os dados ata o de agora para acadar un rendemento por vatio aceptable para chegar ó exascale. As arquitecturas que permiten iso rompen con todo o anterior, e a súa programación é complexa. Por iso, a mellora de rendemento con cada xeración xa non ven implícita, e agora máis que nunca require implicación do software. Surxen conceptos como o de “aceleradores”, que non poden ser abordados dunha maneira única. Os modelos de programación actuais empezan a ser cuestionados. Incluso os erros hardware fanse máis numerosos e os sistemas de refrixeración móstranse ineficientes.
Chegar ó exascale plantea moitísimos retos, pero tamén moitas oportunidades de innovación. Nesta charla darase unha visión xeral dos problemas ós que se enfrenta á comunidade de supercomputación para chegar á marca das 10^18 operacións por segundo. Explicaránse ditos problemas e algunhas das solucións propostas por Europa para facer fronte a este reto, que se desenvolverán durante os próximos anos, así como o camiño percorrido por un exalumno dende a FIC a un dos principais proxectos neste eido.